Coordenades 885

Data de pujada 24 / d’octubre / 2012

Data de realització d’octubre 2012

  • valoració

     
  • informació

     
  • Fàcil de seguir

     
  • Entorn

     
-
-
561 m
12 m
0
2,2
4,4
8,74 km

Vista 38226 vegades, descarregada 240 vegades

a prop de Luso, Aveiro (Portugal)

Luso, freguesía do concello de Mealhada, é un centro de enorme importancia turística ao contar a vila cun centro termal de gran tradición e máis situarse aos pés dunha extensa e vizosa fraga como a Mata Nacional do Buçaco.
Arredor dos seus mananciais de augas para tratamentos renais e da pel levantouse no ano 1.838 a primeira casa de baños, converténdose Luso desde aquela nun centro termal e de descanso.
O bosque do Buçaco medrou en tamaño e variedade cando alí se asentou a Orde dos Carmelitas, no ano 1.628. Intramuros creceron árbores muitas delas hoxe seculares e con exemplares de texos, ginkos, piñeiros, araucarias, cedros, secuoias, cipreses, tuias xigantes, choupos, nogueiras, bidueiros, ameneiros, abeleiras, faias, castiñeiros, sobreiras, carballos, loureiros, buxos, acivros, rododendros, freixos...

O roteiro proposto comeza no centro de Luso e, logo de visitar a súa lagoa, subiremos para mergullarnos na Mata, pasando polas súas históricas portas da Serra, da Rainha, da Sulla e da Cruz Alta e preto de aquí imos ao miradoiro con vistas desde Coimbra ata Aveiro.
Baixamos pola Via Sacra con súa colección de Pasos relixiosos e chegamos ao abraiante Palacio Real do Buçaco, (1.888) construido en parte sobre o Convento de Santa Clara (1.628) e antiga residencia real.
Do Palacio, hoxe establecemento hosteleiro, seguimos descendendo pola sombriza e verde Mata para chegar de novo a Luso.
Un recuncho que deberiades ver tamén (non está no track do roteiro) e o Vale dos Fetos, formado por xigantescos fentos arbóreos provintes de Australia e Nova Zelandia.
Camiño no Vía Crucis que hai na Mata do Buçaco.
Capela de São João Evangelista, en Luso, cun nascente de auga aos seus pés.
Capeliña preto do Palacio do Buçaco.
Capeliña na Mata Nacional do Buçaco.
Casa do garda do Alto da Cruz, na Mata do Buçaco.
Casa da porta da Serra, na Mata do Buçaco.
Cedro prantado no ano 1.648, na Mata do Buçaco.
Chozo na Mata do Buçaco.
Miradoiro con vistas a Coimbra e Aveiro.
Cruceiro na Mata do Buçaco.
Escadas de entrada a Mata desde Luso.
Escadas na Via Sacra da Mata Nacional do Buçaco.
Fonte no centro de Luso.
Fonte na Mata do Buçaco.
Fonte por debaixo do Cedro de São José, na Mata do Buçaco.
Fonte cerca do Palacio Real da Mata do Buçaco.
Lagoa no centro de Luso, Mealhada.
Vila termal do concello de Mealhada.
Miradouro con vistas a Coimbra e Aveiro, na Mata do Buçaco.
O Palacio Real de Buçaco comezouse a construír no ano 1.888 sobre unha parte do Convento de Santa Clara. Hoxe funciona como hotel.
Porta de acceso a Mata do Buçaco pola súa parte máis alta.
Unha das entradas a Mata Nacional do Buçaco.
Unha das portas de acceso a Mata do Buçaco.
Situado na Vía Sacra da Mata do Buçaco.
Vía Crucis construído polos frades Carmelitas Descalzos na Mata Nacional do Buçaco, en Luso.

2 comentaris

  • mariocdias 17/07/2014

    He fet aquesta ruta  veure detalls

    Percurso interessante. Dá para passar pelos pontes mais interessantes da serra do Bussaco e da batalha contra os franceses.
    Levar água, chapéu. A meio podemos tomar um café ao lado do Palacio do Bussaco

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 19/07/2014

    Grazas polo comentario, Mario. Realmente é interesante o percurso como ti dis.

    Saúdos.

Si vols, pots o aquesta ruta.