Descarrega

 Veure detalls

Ruta dissenyada sobre el mapa. Pot no ser adient per navegació amb GPS.

loading...

Segueix aquesta ruta amb el teu mòbil!

Identificador de la ruta (Wikiloc ID): 896438

Ruta dissenyada sobre el mapa. Pot no ser adient per navegació amb GPS.

-
-
202 m
32 m
0
4
7
11
14,69 km
Vista: 6864 vegades, descarregada 378 vegades
a prop de  Soaserra, Galicia (España)

-SI.....Senda Sinalizada -SI......Fontes -NON.....Accesible Minusvalidos. -SI......Apta Nenos/Anciáns -SI......Ruta Circular; -SI.....Aparcadoiro -Cando Vir; Primavera/Verán/Outono -Perigo; Baixa Esta é unha ruta circular para poder gozar das Fragas do Eume en todo o seu esplendor e que sae da ruta mais coñecida que é a que percorre o río pola súa marxe desde o centro de interpretación. Esta levanos polas dos ladeiras pasando pola vella central ata o fermoso Monasterio de Caaveiro. Inicio da ruta Podemos entrar no parque por Pontedeume. Cando chegamos ao Centro de Interpretación normalmente deixanse o coches, pero si seguimos a estrada levanos ata o Ponte do Mosteiro (ver foto 1). Alí comeza a ruta e deixamoremos o noso transporte. A ruta vai subindo pouco a pouco pero non e moi dificil. Facese ben en 3 o 4 horas. Primeiro chegaremos ata o muiño, e despois ata a vella minicentral(ver foto 4). Alí colleremos a estrada pero non moito 400 o 500 metros é no primeiro caminho a esquerda colleremos de novo o roteiro de volta que levanos ata o Mosteiro de Caaveiro (ver foto 5 e 6) pra baixar logo 500 metros ata o ponte no río (ver foto 1) onde temos o noso coche. Que poidemos atopar Estamos nun espeso bosque (ver foto 2)de carballos, castinheiros, abeleiras, freixos, bidueiros, madroños... onde as ramas dificultan o paso da luz e do vento e manteñen así unha humidade e unha temperatura case constante no chan, creando as condicións idóneas para a presenza de multitude de pequenos invertebrados de enorme valor ecolóxico. Cores por todos lados. Os carballos cobren as ladeiras que ascenden cara ao alto, e ao bordo do río un impoñente bosque de galería acompaña o ir da auga camiño do mar. Sombra, humidade e unha exuberante vexetación: o hábitat ideal para moitos seres vivos, como a salamandra rabilarga ou o lirón.

6 comentaris

  • Foto de R. Reboiro

    R. Reboiro 23/03/2011

    Gracias pola ruta, das mellores que temos andado. Onte fixémola, aínda que ao remate o GPS marcaba so 10 km. O tramo que fixemos distinto foi desde o "muiño" ata a "minicentral", que collimos unhas escaleiras que había na marxe esquerda do camiño subindo desde o muiño e seguimos ata a minicentral por un sendeiro máis preto do río. Na parte final, xa preto do mosteiro, tivemos algún problema para seguir o percorrido. Non había camiño por onde indica a ruta e tampouco se pode cruzar o río, polo que supoño que neste punto debe haber un erro nesta ruta. O mosteiro hoxe en día está restaurado e fan visitas guiadas as fins de semana. Un saúdo!

  • Foto de ghaillic

    ghaillic 23/03/2011

    Grazas a ti R. Reboiro, e bó sabelo, mirei os meus apuntes e vin que cando vaise pola estrada tense que coller a primeira e non a segunda. Unha aperta

  • Foto de JOLIN

    JOLIN 07/08/2011

    Esta rota ten outro erro pois o que lle chamas o Muiño é a central do Parrote e o track intenta levarte monte a través a central nova do Eume, este acceso, a día de hoxe, é impracticable. Penso que según outros tracks e as indicacións que vimos logo, hai outro sendeiro antes do indicado neste track que, supoño, é o correcto (nos despois de intentalo polo indicado neste track desistimos e volvimos polo misma beira do río). Mellor sería que o correxiras para evitar máis equivocacións. Un saúdo.

  • portutatix 21/10/2011

    entón a ruta pode seguirse ou non?

  • Foto de JOLIN

    JOLIN 21/10/2011

    Si que se pode seguir pero na central do Parrote (a que está logo de ir remontando o río pola súa esquerda) empezas a subir e a uns metros fíxate que a esquerda sae un carreiro siñalizado cunha sinal,seguindoa chegas a central do Eume,para logo cruzar o río e voltar pola outra beira. Este track do gps nese punto está errado pois intenta levarte máis arriba. Si tes dúbidas consulta outros tracks que os hai. Saúdos

  • portutatix 22/10/2011

    poderías por favor indicarme que puntos do track estan errados? así podería modifcalos antes de sair ó monte. graciñas.

Si vols, pots o aquesta ruta.

© ghaillic Tots els drets reservats

[marcar com a no apropiat/ofensiu]

Com arribar-hi en cotxe?

Des de:  

Obtenir ruta

El teu negoci no apareix al mapa? Publica el teu negoci

a prop de

Contacta directament amb